
13 Feb Receita de espirais con cabaciña e limón
Deixámosvos a continuación a receita para preparar espirais con cabaciña e limón, un prato para unha deta rica en nutrintes, ben saborosa e moi doadiña de preparar.
Ingredientes (para 4 persoas):
- culleradas de aceite de oliva
- 1 cebola en aros moi pequenos
- 2 dentes de allo moi picados
- 2 culleradas de romeu fresco picado
- 1 cullerada de pirixel fresco picado
- 450 gramos de cabaciñas pequenas en tiras de 4 cm.
- limón relado
- 450 gramos de espirais
- sal
- pementa
- 4 culleradas de queixo parmensán ralado, para acompañar
Pasos:
- Quente o aceite nunha tixola grande a lume lento-medio. Engada a cebola e sofrítea, removendo de cando en vez ou até que se dore.
- Suba o lume a medio-vivo. Agregue o allo, o romeu e o pirixel. Rehógueos uns segundos sen deixar de remover.
- Incorpore a cabaciña e a raladura. Reóguelo todo de 5 a 7 minutos, removendo de vez en cando, até que os ingredentes comecen estar tenros. Salpiménteos e retíreos do lume.
- Ferva a auga con sal nunha pota. Verta a pasta. En canto rompa o fervor, coza de 8 a 10 minutos ou até que estea al dente.
- Escorra a pasta e colóquea nunha fonte quente.
- Quente uns segundos o sofritido de cabaciña. Vértao sobre a pasta e mestúreo ben.
- Unha vez espolvoree o parmesán por riba sirva en seguida a pasta.
Consegue a mellor cabaciña en Alcrique.
Os mellores produtos da terra para realizar os teus mellores pratos en www.alcriquedaterrra.com/produtos
Faite coas cabaciñas e demais produtos que cultivamos en Alcrique contactando connosco. Cobre o formulario que atoparás na lapela de encargos.
Sorry, the comment form is closed at this time.