¡Síguenos en Instagram!
 

Receita de quiche de cabaciña

pastel de verduras

Receita de quiche de cabaciña

Probaches a quiche de cabaciña? Pois é tan deliciosa coma sinxela é a súa praparación. Unha quiche non é máis que unha deliciosa tarta salgada con base de ovo e queixo e nata, sobre unha masa de follado.

Podes cociñar a quihe con infinidade de produtos. De seguido ofrecémosche a receta para quiche de cabaciña. Trátase dunha doada receta que permite variantes, pois pódeslle engadir panceta, xamón, queixo de cabra, setas, allo-porro, gambas…

Con esta quiche de cabaciña obterás unha deliciosa mistura do doce sabor da verdura, o suave da nata, e o quebrado da masa follada.

O segredo da masa:

Para a masa de follado sobre a que poremos o recheo é conveniente forneala uns minutos para evitar que fique crua, e que tamén teña ese toque cruxiente e boa consistencia. Primeiramente, cobre ben o mode que elixiches coa masa e quita o sobrante axudándote dun coitelo. Despois pincha a base e pon enriba dela papel de aluminio con algunhas legumes, que evitarán que se levante o papel de aluminio. Co forno prequente a 200ºC xa podes meter o molde e fornealo durante 10 minutos. Cando pase ese tempo quitaremos o papel de aluminio para encher a masa.

Ingredientes:

  • 1 Base de masa de follado refrixerada.
  • 1 sobre de queixo ralado para gratinar.
  • 200g de pacenta en anaquiños.
  • 200 ml de nata líquida
  • 1 Kg de cabaciña.
  • 2 cebolas picadas
  • 3 ovos.

Pasos da quiche de cabaciña:

  1. Primeiro lava e corta as cabaciñas con pel en rodaxas finas, fríteas en aceite coa cebola picada. Cando estean case fritidas engade o bacon en anaquiños. Seguidamente, cola e reserva as rodaxas de cabaciña e o bacon.
  2. Quenta o forno a 180º (arriba e abaixo), engraxa un molde tipo tarta e cúbreo cunha masa. Pínchaa cun garfo e cobre con algunha legume seca para evitar que se deforme. Fornea durante 10 minutos.
  3. Nun bol, mezcla a nata, os ovos e o queixo. Rectifica de sal ao gusto.
  4. Saca a masa quebrada do forno e quita as legumes que serviron de peso. Coloca a cabaciña co bacon por riba da masa e a mestura de ovos, así como a nata e máis o queixo. Volve fornear durante 10 minutos a 180º (arriba e abaixo). Finalmente, cando a quiche estea douradiña, xa estará lista.

Os pratos de textura como desta quiche, combinan moi ben con sabores acedos. Por iso unha ensalada con boa vinagreta será un perfecto acompañamento para esta tarta salgada.

Consegue as cabaciñas e produtos máis saborosos contactando connosco aquí. 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.