¡Síguenos en Instagram!
 

Beneficios saudábeis do mel

Alcrique elabora mel das abellas

Beneficios saudábeis do mel

O mel de elaboración artesá diferénciase moito do industrial, tanto no sabor, como na textura e propiedades que contén. Os beneficios saudábeis do mel pérdense no proceso de pasteurización co que se trata o producido a grande escala e a nivel industrial. O pasteurizado quéntasee a máis de 60º e pasa por numerosos procesos que chegan a eliminar as cualidades do mel. Así destrúense moitas das encimas, antioxidantes e propiedades beneficiosas que teñen a ver coa acción antibiótica deste produto das abellas.

Por que escollermos produtos de proximidade?

O mel de proximidade, de kilómetro cero, achega a pureza do produto ao consumidor. Os pequenos apicultores traballamos en espazos sostíbeis. Gardamos o equilibrio de composición nos néctares das prantas. Pola contra, no comercializado por grandes marcas xúntanse nun mesmo frasco meles de distintas flores e países. Por certo, estas proceden maiormente de China. Así, mentres os pequenos apicultores etiquetamos coa orixe, as grandes empresas soen etiquetar sinalando mistura de países membros da Unión Europea.

Aínda non probaches o noso mel?

Desexas facerte con este produto das abellas elaborado por Alcrique Produtos da terra? Pois xa podes enviarnos a solicitude do teu pedido. Cubre o formulario electrónico que atoparás ao teu dispor facendo click na pestaña de contacto e pedidos desta páxina web https://alcriquedaterra.com/contacto-2/

Cobre todos os campos do formulario e ennumera os detalles dos teu pedido e en breve terás os produtos da terra directamente na túa mesa.

Tags:
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.