¡Síguenos en Instagram!
 

Nós

Productos naturais

Produtos naturais e de propia colleita

Da terra á mesa

Recollidos a diario para que poidas disfrutar de toda a súa frescura na mesa.

Paixón polo que facemos

Sabemos o que facemos e sobre todo, adoramos o que facemos.

Toda a frescura na túa casa

Os primeiros na venda online da agricultura. Non tes que desprazarte, levarémolo a túa casa.

Nós

Alcrique é un proxecto rural sustentábel que recupera a tradición atesourada.

Produtos da terra

Visualizamos no rural galego unha forma de vida respectuosa, natural e rica en conceptos e ensinanzas. Alcrique somos dúas arbores coas raíces na terra e a natureza. Somos un paso adiante que leva á práctica un modelo produtivo respetuoso co medio, así como unha economía sustentábel e libre de químicos. Ao mesmo tempo, o noso modelo céntrase na interacción entre as distintas especies vexetais e animais. Isto é a agroecolóxia.

A agroecoloxía

A agroecoloxía atópase entre as diversas tendencias, escolas ou filosofías que existen dentro do termo recoñecido “legalmente” como agricultura ecolóxica, biolóxica ou orgánica. A agroecoloxía xorde da positiva interacción entre as disciplinas científicas e as comunidades rurais. Ademais tenta progresar a sociedade nun desenvolvemento alternativo.

As hortas

A terra que pisamos, a terra da que todo o bo brota. Coñece as nosas hortas.

Alcrique dispón de hortas en tres terreos traballados onde cultivamos os noso produtos.

Son tres terreos que levan na familia xa moita vida. Atesouran historias e vivenzas, incluso algunha historia comun ao patrimonio cultural galego. O Laranxo é unha estensión de 7000 m². Está situado na parroquia de Bertola, Vilaboa. É unha terra limoareosa usada pola tradición familiar para plantar especialmente horta e millo. Tense empregado ademais para amorear as espigas do millo recollidas do resto de veigas, xa que esta é a máis próxima a casa. Seguidamente, A Carballeira, tamén en Bertola, é unha parcela dedicada a árbores froiteiras. A Granxa de Tomeza é unha estensión de hortas dunha hectaria a prado. Nela viven as nosas vacas cachenas. Alí temos situado tanto o viveiro de planton para comezar a tempada, como a horta de herbas medicinais.

Está situada na parroquia de Tomeza do concello de Pontevedra e no barrio de Lusquiños.

O Val dos Gafos, nos concellos de Vilaboa e Pontevedra. Contén as propiedades familiares que atesouran toda a tradición labrega da zona e a liña histórica do pasar do tempo. Ao borde do camiño de Santiago, pretendemos manter a estrutura tradicional da terra e das hortas, polo que valorizamos o minifundio como un valor engadido do noso traballo. Contamos cun pomar cheo de mazas saborosas así como dúas parras tradicionais de viñedo incorporado na IXP Ribeiras do Morrazo. Tamén contamos cunha parcela onde viven tanto as nosas mellores amigas (dúas vacas cachenas) como as nosas mellores traballadoras (as abellas). Cultivamos os aromas e as sensacións para elaborar as infusións e a nosa cesta de produtos das hortas.