¡Síguenos en Instagram!
 

produtos

Alcrique Produtos da terra ofréceche os mellores alimentos agromados polo bo facer, o coñecemento da terra e os medios sostíbeis da agroecoloxía que practicamos. Se desexas algún dos nosos produtos poder contactar connosco a través desta web ou ben achegarte as feiras en Abastos e Corbal en Pontevedra. Alcrique ofrece:

Cesta de tempada

A cesta de tempada de produtos da terra podes atopala de tres tamaños adaptábeis ás túas necesidades en cada momento: individual, media e familiar.

Frescos. Produtos da terra.

Na categoría de fescos podes atopar verduras, legumes, tubérculos e froita de tempada.

Mel

Practicamos a apicultura de maneira responsábel e en sintonía co medio. O mel natural de Alcrique procede das flores da nosa terra. As abellas traballan ao seu ritmo na nosa horta de Tomeza. Consulta os beneficios saudábeis do mel no noso blog. 

Marmelada

Das mellores froitas de tempada maduradas sen presas, traémosche a mellor marmelada.

Infusións

Nas hortas de Alcrique cultivamos numerosas plantas menciñais e con múltiples propiedades para mellorar o descanso, facilitar a dixestión, dieuréticas…